Publicador de contidos

Publicador de contidos

Congreso Galego do Bonsai en Val do Dubra

Congreso Galego do Bonsai en Val do Dubra

Os bonsais son moito máis que árbores en miniatura. Son o resultado dunha práctica con séculos de historia en que a natureza e a paciencia van da man. Detrás de cada exemplar hai técnica, coidado e un respecto profundo polo ritmo lento ao que medran

O Congreso naceu en 2012 como un punto de encontro para os afeccionados aos bonsais. Co tempo sumáronse cultivadores de toda a península

Dous días con exposicións, conferencias e demostracións ao vivo de coidado destas árbores 

G24.gal 11/10/2025 14:37

Bonsai é unha palabra xaponesa que significa “plantado en bandexa”, pero a arte ten raíces chinesas. Xorde como parte da tradición penjin que foi adoptada e refinada no Xapón . A idea foi sempre representar en miniatura unha ábore madura, pero sen alterar a súa esencia.

"O bonsai é un arte que está vivo sempre en cambio. Non é como unha pintura que a pintas e rematas, medra contigo.", conta Mario Eusebio do Club de Bonsai do Porto. 

"O meu é un cereixo.", di con orgullo unha pequena participante. 

"Podemos ter o buxo, o nos carballo galego tamén funciona moi ben, o piñeiro ou o espiño branco que hai varios na exposición.", engade Alberto Baleato, responsable do Congreso. 

E para pasar dun gromo a un bonsai hai que armarse de paciencia e coñecer os tempos das plantas, aquí a natureza manda.

"De verdade que moitísimo, é unha paixón e moito esforzo e de moito coñecemento. É algo que está vivo."

"Cando te sentas diante dunha árbore o mundo para e tés que concentrarte no que estás facendo. É un ser vivo e tés que coidalo.", relata Alberto Baleato. 

Alguns dos bonsais máis espectaculares danse cita en Bembibre, no congreso en que participan mestres como Pablo Comesaña, David Ruiz ou Gabriel Corral. A dedicación e o traballo tamén ten premio no concurso en que recoñecen o labor dos expertos e dos talentos emerxentes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade