Cargando resultados...
Buscan un mozo de 23 anos desaparecido este luns en Vilagarcía
O mozo ten pelo negro, mide 1,79 de altura, ten complexión delgada e viste roupa de traballo
G24.gal
17/11/2025 20:15
Última actualización 17/11/2025 20:30
SOS Desaparecidos solicitou a colaboración cidadá para localizar un mozo de 23 anos que desapareceu este luns no municipio pontevedrés de Vilagarcía de Arousa.
A familia do mozo, Joao V.V.S, presentou unha denuncia e iniciou as pescudas para poder localizalo.
O mozo ten pelo negro, mide 1,79 de altura e ten complexión delgada.
No momento da desaparición levaba pantalón de traballo gris con petos negros, suadoiro negro, zapatos de traballo negros con amarelo, chaqueta negra e gorro.