A borrasca Claudia provoca a caída de árbores sobre vehículos
Só houbo feridos na Baña, aínda que en Moaña a árbore rozou o ombreiro dun ocupante
Cada borrasca arrasa cunha porcentaxe de árbores en Galicia que con maior ou peor fortuna caen sobre persoas ou vehículos. Ocorreu nesta última nunha propiedade privada do barrio vigués das Travesas.
No Concello da Baña, na rotonda do Seilán, dúas persoas quedaron feridas por este motivo e foi precisa a liberación por parte dos bombeiros do Xallas. Un dos afectados tiña mobilidade reducida e o outro semellaba sufrir unha rotura de cadeira.
Un olmo situado a carón do parque biosaudable do Casal, en Moaña, colapsou e unha póla caeu e atravesou un taxi en que ían dous clientes e o condutor. Non sufriu ninguén feridas de milagre, pero o vehículo ten danos por valor de 3.000 euros. O cristal xa foi amañado.