Publicador de contidos

Publicador de contidos

Queixas polos cortes na subministración eléctrica en Cangas

Queixas polos cortes na subministración eléctrica en Cangas

Na lonxa de Cangas e noutros establecementos da zona portuaria esixen solucións urxentes aos cortes na subministración que padecen e que afectan á súa actividade

G24.gal 21/07/2023 13:44

Case a diario na lonxa de Cangas viven pendentes da subministración eléctrica. Os cortes de luz que padecen condicionan moito a súa actividade. Poñen en risco a celebración das poxas e de xeito especial afectan as máquinas de xeo que deixan de funcionar. Non é a primeira vez que algunhas embarcacións non poden saír pescar sen el.

Na lonxa non son os únicos prexudicados. Nas cafeterías e restaurantes que hai nas inmediacións, na zona porturia, as queixas son moi parecidas. Os cortes de luz son breves, pero suficientes para afectar o seu traballo diario. Aseguran que moitos clientes marchan porque non poden atendelos, teñen que reactivar os equipos constantemente e temen que poidan estragarse.

Algúns afectados xa trasladaron ao Concello a situación para que a compañía subministradora, que ao parecer xa investiga estas incidencias, tome medidas urxentes.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade