Publicador de contidos

Publicador de contidos

Quedan prazas libres para as viaxes do Imserso

Quedan prazas libres para as viaxes do Imserso

A sexta vaga coa variante ómicron frea o arranque da campaña do Imserso

Nos últimos días son moitos os maiores que cancelaron a súa viaxe
 

G24.gal 01/02/2022 14:26

A sexta vaga coa variante ómicron frea o arranque da campaña do Imserso. Nos últimos días son moitos os maiores que mudaron de opinión e cancelaron a súa reserva. 

Nestes días había que aboar o 80 por cento do importe da viaxe e moitos botáronse atrás. "A xente non fai os pagos e aí é onde saltan as cancelacións. Agora mesmo acaba de anularse unha das viaxes a Palma", explica Marian López, xerente dunha axencia de viaxes.

Precisamente foron os lotes das viaxes con destino ás illas e á costa os que primeiro se esgotaron, ata hai uns días só se podía atopar praza nos destinos de interior, pero a situación cambiou.

A este ritmo todo apunta a que este ano non se lograrán vender a totalidade das prazas, máis de 800.000.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade