A fenda dixital dos maiores: moitos precisan axuda para manexar as aplicacións
O acceso á banca electrónica ou aos recursos da sanidade a través do móbil son algunhas das cuestións que máis demandan as persoas de maior idade
A revolución dixital colleunos pintando canas. E coller o tren da tecnoloxía é misión case imposible para moitos maiores.
Case todos manexan o móbil para falar, e moitos dominan o WhatsApp. Pero o uso das aplicacións bancarias ou sanitarias é outro cantar.
A maioría tira de fillos, netos ou cursos para romper a barreira tecnolóxica. Aínda que sempre hai quen aprende botándolle tempo e paciencia ao asunto.
A letra grande ou as mensaxes de voz, pouco a pouco as aplicacións vanse facendo máis inclusivas. Pero queda moito por andar. Afastar o prexuízo idadista e abordar a ensinanza con paciencia e respecto son algunhas das claves para que os maiores non queden desconectados do mundo dixital.