Publicador de contidos

Publicador de contidos

Como debe ser un supermercado inclusivo para as persoas maiores

Como debe ser un supermercado inclusivo para as persoas maiores

As empregadas dun supermercado de Sigüeiro vestiron un traxe que limita a mobilidade para comproar que dificultades ter facer a compra con diversidade funcional

G24.gal 17/03/2026 14:54

Problemas de vista ou de mobilidade das articulacións. Artrose, tremor, cataratas ou retinopatías, problemas de oído. A estas empregadas do supermercado Familia de Sigüeiro tocoulles probar este martes as dificultades dunha persoa maior con problemas de mobilidade. Ver o peso, a data de caducidade ou ser quen de coller un artigo que pesa dun estante alto son tarefas que poden precisar axuda. 

"O que pretende esta iniciativa en que colaboran Vegalsa e a Cruz Vermella é loitar contra o edadismo e que o persoal de tenda entenda mellor o que é a diversidade funcional", explica Trini de Lorenzo, responsable de Proxectos de Innovación Social da Cruz Vermella.

Hai maiores que non pero outros si que precisan que rebaixemos esa presión para resolver rápido, por exemplo, á hora de pagar, que lles trasladamos coas nosas présas, cando eles non poden apurar máis.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade