Publicador de contidos

Publicador de contidos

Comeza a campaña da cereixa con moi boas perspectivas

Comeza a campaña da cereixa con moi boas perspectivas

A campaña rematará no San Pedro, a finais de xuño

G24.gal 08/05/2026 20:32 Última actualización 08/05/2026 21:26

A chegada do mes de maio supón o comezo da recollida da cereixa. En Chantada sábeno ben e xa están mans á obra nunha campaña que promete ser histórica. A recollida esténdese dende o primeiro de maio ata o San Pedro, no final de xuño. Unha tarefa, que , os agricultores de Chantada soen facer en familia. Ademais, teñen previsto festexar o inicio da campaña cunha boa festa

"Nos traballamos a nivel familiar, coma todas as explotacións de Chantada. Somos catro ou cinco persoas, aínda que para a festa da cereixa do próximo 16 e 17 de maio incrementaremos a produción para lograr uns 500 o 600 quilogramos para comercializar na festa"

E as boas perspectivas na campaña da cereixa son ben recibidas na rúa... ademais, á hora de elixir, os consumidores optan polo produto da terra. Así que xa o saben... este ano non vai faltar cereixa en Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos