Publicador de contidos

Publicador de contidos

Gran parte da horta galega envellece sen remuda xeracional

Gran parte da horta galega envellece sen remuda xeracional

En Cerceda, a Horta da Lousa aposta polo futuro do sector combinando tradición e innovación

G24.gal 07/03/2026 21:29 Última actualización 07/03/2026 22:12

En 2025 desapareceron ao redor de duascentas granxas do rural galego. Detrás da maioría destes peches hai un sector envellecido -sete de cada dez titulares dunha explotación superan os 55 anos-  e tamén hai un problema de remuda nunha actividade tradicionalmente familiar.

En Cerceda, a Horta da Lousa demostra que o agro pode ser unha opción de futuro rendible.

Néstor Liñares incorporouse á explotación familiar en 2013, case vinte e cinco anos despois de que os seus pais iniciasen o proxecto, daquela cunha produción menor, para o mercado local.

"Ampliamos o viveiro, cambiamos o sistema de produción de convencional a ecolóxico, mantemos as vacas da casa e agora tamén temos plantación de castiñeiros para froito. Así combinamos as catro actividades", explica.

Reducir custos apoiándose na agricultura rexenerativa e na diversificación converteuse nunha obsesión desde o primeiro momento.

"Como é moi difícil que haxa un ano bo para todo o que facemos e repartir as actividades para poder ser sostibles economicamente".

A tecnoloxía xoga a favor. Os invernadoiros contan cun control de clima e cun sistema de rego automatizado que permite programar e axustar a nutrición das plantas en función do seu estado fenolóxico.

Na Horta da Lousa traballan catro persoas todo o ano e outras dúas en temporada. Cultivan plantas aromáticas e ornamentais, cebolas, leitugas ou tomates.

"Intentamos recuperar os sabores de antes e darlle á xente as plantas que tiñan os seus avós", comenta Néstor.

Sabores de antes desde un agora con futuro no rural galego.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade