Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os viveiros galegos abastecen de planta máis de 400.000 hortas familiares

Os viveiros galegos abastecen de planta máis de 400.000 hortas familiares

Galicia e Asturias son as únicas comunidades onde os viveiros producen máis planta de horta para produtores afeccionados que para profesionais

Deste Viveiro de Betanzos saen en abril 5 millóns de plantas para hortas familiares
G24.gal 17/04/2026 09:27

Andan os chimpíns en hora punta, e os viveiros, en plena produción, porque estamos no tempo de plantar. Nun de Betanzos preparan desde hai meses a temporada, na que dá saída a case o 70 por cento da produción anual. Teñen estes días extra de persoal.

"Primeiro empézase coas plantas que resisten mellor o frío e as poucas horas de luz, como a cebola e o allo. Despois pasamos a repolos, coliflores, brócoli, leitugas, e finalmente, cando chega o mes de abril é unha explosión onde vai practicamente todo", explica Pablo López, xerente do viveiro A Angustia.

O pequeno produtor afeccionado acapara en Galicia a maior cota de mercado destes viveiros. 

"Este era un mercado que chegoi a estar en declive e que quedaba xa só en mans de persoas maiores. Pero coa pandemia, incorpourouse xente nova e a maioría seguen aí. Poo tipo de ocio, a calidade dos alimentos, a nova cultura de tomar a vida con máis calma ", conta Pablo López, o xerente do viveiro A Angustia de Betanzos.

A auxe da afección á horticultura nótase na feira. Hai lientes de todas as idades, e os vendedores animan os compradores s coa promesa dos froitos inmimentes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos