Publicador de contidos

Publicador de contidos

Pustovyi, MVP do mes de decembro no Obradoiro

Pustovyi, MVP do mes de decembro no Obradoiro

O pivote mostrouse agradecido polo premio

Recalcou a necesidade de comezar a gañar para facer unha boa tempada

G24.gal 16/01/2024 12:08

Artem Pustovyi foi elixido o mellor xogador do mes de decembro pola afección, despois dun mes con medias de 14,2 puntos e 7,6 rebotes. Aínda así, o xogador confesou que ten cousas que mellorar no seu xogo para axudar máis o equipo:

"Sempre se pode facer máis. Estou traballando algúns aspectos como os rebotes ou os tapóns".

O Obradoiro está 16º con 6 vitorias, unha por riba do Breogán, que marca o descenso. A última derrota contra o Granada (77-74), rival directo, deixou pegada no equipo. O pivote reafirmou a necesidade de ser máis fortes nos últimos minutos, isto veuse contra o Barcelona. No Palau, os de Moncho Fernández, chegaron ao último cuarto a 9 puntos de vantaxe. Con todo, acabaron xogando a prórroga e perdéndoa nas últimas tres décimas.

Pustovyi recalcou a necesidade de comezar a gañar:

"Se queremos facer unha boa temporada, temos que mellorar e comezar a gañar xa".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade