Publicador de contidos
Publicador de contidos

Proxecto experimental na Laracha para rendibilizar cultivos grazas ao 'big data'

Proxecto experimental na Laracha para rendibilizar cultivos grazas ao 'big data'

Busca optimizar os cultivos coa axuda das novas tecnoloxías

G24.gal 15/10/2021 16:49

A Fundación Galicia Sustentable presentou hoxe o primeiro proxecto que está realizando na súa leira experimental da Laracha.

Trátase dunha iniciativa que busca optimizar os cultivos coa axuda das novas tecnoloxías. En colaboración co centro tecnolóxico Gradiant, instalaron unha estación meteorolóxica con sensores de temperatura, humidade e presión.

O procesamento dos datos, obtidos en tempo real, e a inspección visual grazas ás cámaras tamén situadas no terreo servirán para mellorar o rendemento do agro.

O director da Fundación, Marcos Pérez, explicou que "acumular eses datos e toda esa información nos permitirá tomar decisións máis intelixentes para a nosa produtividade". Engadiu que "toda esa información vai ser en aberto".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar