Publicador de contidos

Publicador de contidos

Combustible, batería e circuíto de refrixeración, os básicos para afrontar neve e xeadas

Combustible, batería e circuíto de refrixeración, os básicos para afrontar neve e xeadas

Protección Civil aconsella preparar os vehículos para saír á estrada con temperaturas baixo cero

G24.gal 24/01/2023 14:33

Os talleres das zonas de friaxe están afeitos a facer estas revisións de temporada. Brais Gutiérrez, nun de Lalín, explica que está a recibir moitos coches coa batería descargada polos efectos do frío e aconsella ter sempre a punto as rodas e o circuítos de refrixeración. Así mesmo son recomendables as cadeas, fundas ou cadeas líquidas para circular polas zona de neve.

No 112 ademais recomendan levar sempre rasqueta e non usar auga quente para desconxelar o parabrisas, porque pode estalar polo contraste térmico. Se non, botar man de tarxetas e mesmo de alcol para quitar a xeada son opcións que poden funcionar. 

En travesías longas e complicadas, mesmo non está de máis levar mantas, comida e bebida e outro material de supervivencia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade