Publicador de contidos

Publicador de contidos

Profesionais de toda España participan nas xornadas de Medicina Rural de Ribadavia

Profesionais de toda España participan nas xornadas de Medicina Rural de Ribadavia

Atraer médicos aos centro de saúde do rural é un dos retos do sistema sanitario na actualidade

Para abordalo, os profesionais propoñen incentivos non só económicos, senón tamén profesionais e de conciliación

G24.gal 28/02/2026 14:15 Última actualización 28/02/2026 14:42

Calcúlase que en toda España hai entre once e quince mil médicos que prestan servizo no rural, pero máis de catro mil xubilaranse nos próximos anos. Falta relevo nunha actividade indispensable para combater o despoboamento.

"Esa medicina que mantivo estes pobos durante corenta anos e que garante a lonxevidade. Non depende só da xenética, a lonxevidade é porque nestas aldeas ten habido sempre un médico coidándoos", sinala Keith Albert Foo, presidente da SEMG en Galiciae médico no centro de saúde de Laza.

Os incentivos son, segundo os profesionais, a clave para atraer médicos aos centros de saúde do rural. Facer atractiva a opción para os máis novos.

"Permitir a formación e a investigación é esencial. Tamén é básica a parte persoal: non só darlle un contrato, senón un proxecto que lle permita a conciliación", explica María Álvarez Gil, residente en Medicina de Familia.

A formación continua dos profesionais no rural, o impacto das novas tecnoloxías na prestación do servizo ou a investigación son algúns dos aspectos que abordaron nestas primeiras xornadas de Medicina Rural das que sairá un catálogo con propostas de mellora.

Pilar Rodríguez Ledo, presidenta da Sociedade Española de Médicos de Familia: "Máis alá da queixa, de ver retos e debilidades do mundo rural, poñer en valor a oportunidade da medicina rural para unha nova época dentro da medicina, non só na atención primaria, senón no sistema sanitario".

Douscentos profesionais de toda España achegáronse ata Ribadavia para participar nestas xornadas e outros tantos fano a través de internet.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade