Publicador de contidos

Publicador de contidos

Produtores de mazá ecolóxica de sidra buscan empregados para a próxima colleita

Produtores de mazá ecolóxica de sidra buscan empregados para a próxima colleita

Prevén contratar arredor de vinte persoas para traballar nas plantacións que xestiona a cooperativa Ullama

Contan con que a campaña comece a mediados de setembro e dure algo máis dun mes

G24.gal 26/08/2026 13:07

Mentres os froitos maduran nas árbores, os produtores de mazá ecolóxica de sidra da cooperativa Ullama comezan a buscar persoal para traballar na colleita de setembro nas preto de 60 hectáreas que xestiona.

"Nós contamos con contratar sobre unhas 20 persoas. Ningún requisito especial, só que a xente teña os papeis en regra e gana de traballar", di Marisa Diéguez, da cooperativa Ullama.

É un traballo duro porque hai que apañar as mazás do chan á man durante algo máis dun mes. Así e todo, na cooperativa din que non adoitan ter problema para atopar empregados. Moitos son estranxeiros.

"Non somos racistas. A xente que vén traballar, vén traballar. Tivemos unha rapaza rusa que o pasou fatal os primeiros días, pero despois quedou encantadísima".

O soldo é o que fixa o convenio do sector. Canto ao horario, adaptárono para facilitar o traballo dos empregados.

"O ano pasado fixemos de 9:00 a 14:00 e de 15:00 a 18:00 porque normalmente comemos xa nas parcelas e, para non parar moito ao mediodía e alongar moito a tarde, paramos unha hora, comemos, seguimos e a xente ás seis da tarde marcha xa á súa casa".

Así prevén apañar uns 400.000 quilos de mazás nesta campaña marcada pola falta de auga, que secou e rompeu algunhas pólas. 

A chegada da chuvia é unha boa nova para os produtores, porque axuda a que as mazás collan zume e peso nos días previos á colleita.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade