Publicador de contidos

Publicador de contidos

Volotea, única compañía que concorre ao concurso da Coruña, con proposta de cinco rutas en voos nacionais

Volotea, única compañía que concorre ao concurso da Coruña, con proposta de cinco rutas en voos nacionais

A aeroliña operará en cinco rutas: Málaga, Valencia, Bilbao, Sevilla e Alacant

Foto de arquivo/Europa Press Foto de arquivo/Europa Press
G24.gal 26/08/2026 14:05

O prazo aberto para presentar ofertas para cubrir os destinos nacionais no concurso convocado polo Consorcio de Turismo da Coruña pecha este martes coa presentación dunha única compañía, Volotea, para operar as cinco rutas propostas: Málaga, Valencia, Bilbao, Sevilla e Alacant.

Segundo informa o Concello herculino, a convocatoria especificaba que as aeroliñas interesadas deberían efectuar, en concreto, con Málaga un total de 208 voos anuais e un mínimo de 37.440 prazas ao ano, e as mesmas cifras con Valencia. Respecto a Bilbao, apuntaba a 180 voos anuais e un mínimo de 32.400 prazas ao ano; con Sevilla, entre 288 e 352 voos anuais, segundo a anualidade do contrato, con ata 63.360 prazas; e con Alacant, entre 146 e 180 voos anuais e segundo a anualidade do contrato, con ata 32.400 prazas.

Agora, engade, seguirá adiante o proceso administrativo coa achega de documentación e cos trámites precisos. Así, de cumprirse os requisitos, "o devandito contrato quedará formalizado este outono".

O consistorio lembra, ademais, que son 6,6 millóns de euros os que se destinarán á promoción turística da cidade nos distintos destinos nacionais, promoción que inclúe tamén o establecemento das novas rutas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade