Publicador de contidos

Publicador de contidos

O aviso por treboadas mantén alerta o agro en época de semente

O aviso por treboadas mantén alerta o agro en época de semente

Afecta á provincias de Lugo, Ourense e Pontevedra durante a fin de semana

Temen a sarabia que pode arrasar coas colleitas máis avanzadas

G24.gal 23/05/2026 14:10 Última actualización 23/05/2026 17:04

O aviso por treboadas fai que no campo todos estean coa vista posta no ceo.

"Unha treboada pode facer moito dano, todo depende da intensidade", di unha muller.

Estamos en época de sementar.

"Plantamos de todo, cebolas, pementos, leitugas, coliflor", conta unha muller.

O tempo inestable preocupa o pequeno agricultor e o que ten grandes extensións. Cultivos coma a cebola, a leituga ou a pataca xa van moi adiantados e unha forte treboada pode acabar coa colleita.

"Afecta moito o cambio de temperatura porque estresa o cultivo, tamén o vento e claro a auga", explica Carlos Llamazares, enxeñeiro de Montes.

O exceso de auga tampouco é bo para o que está recén plantado, coma o millo...

"Aféctalle máis porque hai máis erosión do terreo que cando o millo xa está formado", engade Carlos Llamazares.

O que máis preocupa é a saraiba, onde cae arrasa e xa deixou os primeiros estragos.

"Na zona de Sarria arrasou cos frutais e coas leitugas", conta unha muller.

Hai formas de previr.

"Simplemente drenando moi ben e para a sarabia as mallas de sombreo funcionan moi ben", explica a horticultora María González.

As treboadas non son a única ameaza.

"Estes cambios bruscos de temperatura son caldo de cultivo para os fungos", engade María González.

O aviso por treboada durará toda a fin de semana. E afectará, sobre todo, ás provincias de Ourense, Pontevedra e Lugo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade