Publicador de contidos
Publicador de contidos

Produtores de Huelva regalan amorodos en Santiago para promover o seu consumo

Produtores de Huelva regalan amorodos en Santiago para promover o seu consumo

Foi o peche dunha campaña que comezou en marzo UPA Andalucía e que pasou por distintas cidades

En Santiago regalaron 1.500 quilos de amorodos de Huelva

Representantes de UPA Andalucía e de Unións Agrarias repartiron amorodos de Huelva
G24.gal 03/05/2024 15:02

"Sans, seguros e sostibles", afirman que son os amorodos producidos en Huelva. Con ese lema leva dous meses de campaña a Unión de Pequenos Agricultores andaluza. En Santiago repartiron 1.500 quilos para promover o seu consumo.

"Trátase de trasladar unha mensaxe de confianza ao consumidor español e europeo", explica Cristobal Cano, secretario xeral de UPA Andalucía. Di que queren difundir entre os consumidores que o amorodo de Huelva ten "todas as garantías de trazabilidade e de seguridade alimentaria". 

Saíron á rúa para contrarrestar o efecto das alertas sanitarias que se activaron en marzo por amorodos contaminados con hepatite A. Viñan de Marrocos e non chegaron ao mercado, pero sacudírono: "Houbo un parón no mercado nacional", di o secretario xeral de UPA Huelva, Manuel Piedra. 

"Os consumidores pararon preguntar de onde eran os amorodos. Tiñan claro que querían amorodo de Huelva, pero non tiñan claro cal era, e cal non", afirma Piedra. E pide que nos fixemos sempre na orixe, que ten que especificarse na caixa. 

Huelva produce o 98 por cento do amorodo español, pero nos meses de inverno éntralles competencia de fóra. Os produtores piden que as importacións tamén cumpran as normas. Dende Unións Agrarias esixen que lles impoñan o que chaman "cláusulas espello". 

O coordinador sectorial, Félix Porto, reivindica que os países que introduzan produtos na UE teñan que cumprir "exactamente as mesmas esixencias" que cumpren os produtores e os produtos do noso país. Para el, é "unha auténtica necesidade".

Repartiron cousa de dúas mil bandexas no Obradoiro. Quixeron que fora a meta para unha campaña que os levou de peregrinación -din- por España e Bruxelas para promover as calidades do amorodo de Huelva. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade