Publicador de contidos

Publicador de contidos

Produtores avícolas protestan polo uso do polo como "reclamo" en supermercados

Produtores avícolas protestan polo uso do polo como "reclamo" en supermercados

Unións Agrarias denuncia que os produtores están cobrando 15 céntimos por quilo cos que non cobren os custos

G24.gal 19/08/2022 16:03

Os produtores avícolas galegos esixen unha suba de cinco céntimos o quilo de polo para poder facer fronte á suba dos custos de produción.  

Protagonizaron este venres unha protesta en Lugo nunha superficie comercial que abriu onte as súas portas utilizando o polo como produto reclamo poñéndoo á venda por debaixo dos custos de produción. Denunciarán os feitos na Axencia de Investigación e Control da Xunta.

O secretario xeral de Unións Agrarias, Roberto García, sinalou que desde a súa formación levan “practicamente un mes” denunciando a “situación grave” que están a sufrir os “produtores integrados de pito”, que cobran “15 céntimos por quilo” e non alcanzan “para cubrir os custos de produción”.

García denunciou que “unha nova cadea que chega a Galicia volve a prácticas pasadas de utilizar produtos gandeiros, antes o leite e agora o pito, como produtos gancho para gañar clientes”.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade