Problemas para emprender no rural pola falta de fibra óptica
Un mozo de Ramirás tivo que rexeitar clientes por non ter Internet de alta velocidade
O mal estado duns postes impide levar a conexión ata súa vivenda
Aarón Ojea ten 21 anos. Trasladouse a vivir á aldea de Ludeiros, en Ramirás, en novembro do ano pasado. Antes de trasladarse coa súa familia comprobaron que a localidade tiña fibra óptica, fundamental para desenvolver o seu proxecto, unha consultoría de Intelixencia Artificial destinada a optimizar o traballo das empresas.
Pero a día de hoxe segue sen servizo. O motivo é o mal estado duns postes, que impide levar a conexión ata súa vivenda. Xa presentaron varias reclamacións pero mentres non se resolve o problema tivo que rexeitar varios clientes.
Para manter vivo o rural, di, é imprescindible contar cunha boa conexión a Internet que permita traballar ou estudar dende calquera punto de Galicia.