Publicador de contidos

Publicador de contidos

Veciños de tres aldeas de Ribadavia piden que chegue a traída municipal para evitar problemas de deficiencia do desabastecemento

Veciños de tres aldeas de Ribadavia piden que chegue a traída municipal para evitar problemas de deficiencia do desabastecemento

Unhas recentes analíticas detectaron bacterias fecais na auga

G24.gal 18/01/2022 14:13

A auga de 66 vivendas das Chabolas, O Seixo e A Grova, no concello de Ribadavia, non presenta os mínimos de calidade esixidos para o seu consumo, segundo denuncia a veciñanza.

Contan que unhas recentes analíticas detectaron bacterias fecais na auga o que consideran un problema xa de saúde pública. Outros veciños afectados aseguran que mesmo non poden empregar a auga da billa para lavar e que teñen que ir acotío á fonte a buscar garrafas.

A captación e os depósitos son unha obra veciñal que conta con 40 anos e que ademais non é dabondo para dar servizo a todas as casas sobre todo no verán sofren numerosos cortes.

Piden ao Concello de Ribadavia unha solución aos seus problemas de abastecemento, creen que se arranxarían se chegase ata estas tres aldeas a auga da traída municipal.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade