Publicador de contidos

Publicador de contidos

Na Rúa continúan os problemas coa subministración de auga tras os incendios do verán

Na Rúa continúan os problemas coa subministración de auga tras os incendios do verán

Veciños de distintos núcleos de Valdeorras abren a billa e non sae nin gota

A comarca de Valdeorras pide axuda para evitar que a cinsa siga entrando nas captacións

G24.gal 02/11/2025 16:48

Na Rúa continúan os problemas coa subministración de auga. Tras os devastadores incendios, a comarca de Valdeorras pide axuda para evitar que a cinsa siga entrando nas captacións. Mentres, veciños de distintos núcleos abren a billa e non sae nin gota. 

Múltiples zonas da comarca de Valdeorras levan xa varios días sufrindo problemas coa subministración de auga.
A causa reside nas choivas das últimas xornadas que, nunha das áreas máis afectadas pola vaga de lumes deste verán, arrastraron cinza e restos dos incendios até as captacións de diversos concellos.

Entre eles atópase A Rúa onde, hai xa varios días, a auga da billa comezou a saír de cor marrón en varias zonas.

"Desde que empezou a chover así un pouquiño forte pois, claro, agora vén moi turbia"

"Isto é consecuencia dos incendios, por suposto. Porque, a ver, iso está todo queimado. Entón, agora ao chover arrastra e vén aos depósitos"

Ante esta situación, que imposibilita o consumo da rede pública, especialmente para asearse ou cociñar, dende o concello víronse obrigados a repartir auga embotellada entre a veciñanza.

Con todo, a previsión meteorolóxica non invita ao optimismo. Agoira precipitacións na zona cara finais da vindeira semana, polo que os veciños non ven clara unha solución para o problema a curto prazo.

"Penso que non hai. A solución é que deixe de chover, ou preparar doutra forma os depósitos, non o sei"

"Vou tratar de poñer uns filtros un pouco fortes porque creo que vai ser así todo o inverno. Mentras estea chovendo vai ser así. A solución aí non vai ser moi fácil".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade