Máis de 3.000 participantes nunha proba deportiva no Ifevi
Trátase da maior proba deportiva en pista cuberta de Galicia
É a segunda vez que se celebra en España este evento, coñecido como Hybrid Day, que naceu en Portugal
Combina carreiras dun quilómetro entre oito probas físicas distintas, que mesturan forza e resistencia
O Hybrid Day é unha combinación de carreira e oito probas distintas de forza e resistencia. Trátase do maior evento deportivo en pista cuberta de Galicia, con 3.300 deportistas anotados, maioritariamente homes, aínda que tamén se poden apuntar mulleres, de todas as idades. Só compre ter un mínimo de fondo físico e moita vontade para participar.
Logo de percorrer o primeiro quilómetro, comeza a verdadeira dificultade. Por diante oito exercizos distintos, que poñen a porba a resistencia física dos participantes como esquiar, remar ou cargar con pesas. Gaña quen menos tempo enprega en compeltar todo o circuito. Hai quen compite a nivel afeccionado e tamén a nivel profesional.
"Temos a categoría open, que é na que a xente ven pasalo ben, con pesos adaptados a todo o mundo. E logo hai tamén a categoría pro, na que teñen que portar pesos máis esixentes", sinala Cristina Zarza, organizador do evento no recinto feiral de Vigo.
A disciplina está aberta a mulleres e homes, de distintas idades e poden competir en individual, parellas ou equipos. "Temos categoría masculina e feminina. Idades de 18 a 29 anos, de 30 a 35, e logo máis de 55 anos", comenta Cristian.
Entre proba e proba hai que dar unha volta ao pavillón, correndo durante un quilómetro. Un elevado desgaste físico que esixe ter un corpo en forma ou unha cabeza pouco consciente.
"Mal da caebza estamos os dous, sí. É un pouquiño de todo, unha suma das dúas cousas. Compaxinámonos ben e por iso agora temos esta boa faciana, pero a procesión vai por dentro", di unha parella de participantes. "Cabeza moi fodida, tes que ter un colega coma este", comenta un membro doutra parella vida de Portugal. "É o mellor, a calquera idade. Mentres haxa vontade e forza, estamos ben", asegura unha parella de participantes de máis de cincuenta anos.
O evento naceu en Portugal e esta é a segunda vez que se organiza en España, con récord de participantes. "Logramos reunir 3.300 participantes, o que é unha tolemia. É o evento con máis xente nun só día de todoa a proba, das que se fixeron ata agora", asegura Cristian Zarza.
O día híbrido gaña adeptos en cada edición, sobre todo entre os clientes de ximnasios. Quen sabe se algún día acaba sendo modalidade olímpica.