Publicador de contidos

Publicador de contidos

Claudio Giráldez: "Quero rematar a fase de grupos gañando"

Claudio Giráldez: "Quero rematar a fase de grupos gañando"

O adestrador celeste agradece chegar a esta xornada final coa clasificación no peto

O club recibiu o permiso da UEFA e tramitou a ficha de Fer López

G24.gal 28/01/2026 19:01 Última actualización 29/01/2026 11:43

O adestrador do Celta, Claudio Giráldez, explicou na conferencia de prensa previa o último partido da fase de grupos da Europa League, que disputará hoxe en Belgrado ante o Estrela Vermella, a ambición coa que chega o equipo vigués á capital serbia:

"Quero gañar o partido. Quero rematar a fase de grupos gañando, que é o que depende de nós. Iso faranos garantir o factor campo no peor dos escenarios e estar no top 8 no mellor. Marcharía contento se vexo un equipo sólido e recoñecible e se somos capaces de gañar.

Nun grande estadio, contra un campión de Europa, contra un equipo que xoga Champions e coa clasificación selada. A soñar e a gozar do partido sen a agonía de non estar clasificados"

O club recibiu o permiso da UEFA e tramitou a ficha de Fer López

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade