Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Coruña prevé renunciar a ser sede do Mundial 2030 e reformar o estadio de Riazor

A Coruña prevé renunciar a ser sede do Mundial 2030 e reformar o estadio de Riazor

A renuncia será confirmada ás 10 da mañá deste luns unha conferencia de prensa conxunta da alcaldesa, Inés Rey, e o presidente do Deportivo e de Abanca, Juan Carlos Escotet

G24.gal 15/03/2026 21:06 Última actualización 16/03/2026 09:27

O Concello da Coruña prevé renunciar este luns para ser sede do Mundial 2030 e, á vez, anunciar unha reforma integral do estadio de Riazor, informan fontes da negociación entre o Consistorio e o Deportivo.

A Coruña está preseleccionada pola FIFA para ser sede do Mundial 2030, aínda que iso implicaría unha ampliación do estadio de Riazor para subir das actuais 32.500 butacas ás 48.000, unha iniciativa cuxo custo está calculado ao redor dos cen millóns de euros.

Neste contexto, o proxecto non avanzou e a previsión é que este luns se oficialice a renuncia para ser sede, nunha conferencia de prensa conxunta da alcaldesa, Inés Rey, e o presidente do Deportivo e de Abanca, Juan Carlos Escotet.No mesmo acto está previsto anunciar tamén unha reforma integral do campo, no que xoga o Deportivo os seus partidos como local.

O estadio municipal de Riazor data de 1944, foi sede do Mundial 1982 e tivo a súa única ampliación -á marxe de pequenas modificacións- en 1998 ao engadir as bancadas nos fondos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade