Publicador de contidos

Publicador de contidos

Galicia golea a Asturias e estará na fase final da Copa das Rexións UEFA (3-0)

Galicia golea a Asturias e estará na fase final da Copa das Rexións UEFA (3-0)

Lucas Camba, Adrián Lombao e Juan Cambon foron os goleadores do equipo galego

Navarra e Canarias tamén se clasificaron. O cuarto semifinalista sairá da eliminatoria que enfrontarán mañá Cataluña e Aragón

@futgal
G24.gal 28/01/2026 20:36

A Selección Galega certificou a súa presenza entre os catro mellores combinados de España tras superar a Asturias na eliminatoria correspondente á Fase Intermedia da Copa das Rexións UEFA que se disputou no estadio da Malata. Os de Manolo García saltaron ao verde coas ideas moi claras e completaron uns bos primeiros 45 minutos ante o equipo asturiano. A Selección Galega foi capaz de poñerse por diante no minuto 25 grazas a un tanto de Lucas Camba nunha rápida transición que iniciou Ayoub, o porteiro galego. Camba rematou ao fondo da rede un bo centro de Lombao desde a banda dereita. Antes do descanso, Asturias puido empatar a eliminatoria, pero o colexiado anulou o tanto por fóra de xogo.

Na segunda metade, Galicia puido poñer terra polo medio nos primeiros compases tras un centro de Achore desde a banda dereita que a punto estivo de coarse na meta asturiana. Malia todo, os nosos foron a máis, meteron a directa e acabaron por finiquitar o encontro en apenas cinco minutos, os que pasaron desde o 2–0 de Adrián Lombao, tras unha enorme acción individual, e o 3–0 de Cambón, quen aproveitou unha indecisión na cobertura asturiana.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade