Galicia perde na prórroga con Canarias e di adeus á Copa das Rexións (1-0)
Un gol de penalti do canario Santi Domínguez na primeira metade da prórroga deixou ó combinado galego sen acceso á final
O equipo de Manolo García competiu pero adoleceu d epuntería nos metros finais
A selección galega quedou eliminada nas semifinais da Copa das Rexións tras perder ante Canarias na semifinal disputada en Terrassa. Os de Manolo García encaixaron un tanto na primeira metade da prórroga e xa non foron quen de igualar o marcador.
De inicio imperou o respecto entre ambos os equipos. Galicia quixo mandar a través da posesión da pelota ante unha selección canaria que optou por esperar para tentar sorprender á contra.
|
A primeira chegada para os nosos chegou ao cuarto de hora da primeira parte cun disparo de Noel Álvarez desde a frontal que se marchou fóra por pouco. Con todo, as máis claras chegaron de forma seguida e un minuto máis tarde: na primeira, Ander cabeceou fóra completamente libre de marca á saída dun córner, mentres que na segunda foi Adri quen non puido superar ao meta canario nun man a man. Na continuación, e sen cambios en ningún dos dous equipos, Galicia foi arriba e dispuxo doutra clara ocasión de gol para poñerse por diante no marcador cun croque de Achore que sacou o meta canario. Co paso dos minutos e cos cambios nos dous equipos, o partido perdeu ritmo e deixouse notar o medo para perder a semifinal. De feito, non houbo ocasións claras de gol durante o transcurso da segunda metade e co resultado inicial chegouse ao remate do tempo regulamentario. A semifinal foi á prórroga. No tempo extra Canarias foi quen de adiantarse no electrónico grazas a un tanto de penalti transformado por Santi Domínguez no ecuador da primeira metade da prórroga. Os nosos non foron quen de remontar na segunda metade e Galicia dixo adeus á opción de conquistar a fase nacional da Copa das Rexións UEFA por segunda vez na súa historia. |