Publicador de contidos
Publicador de contidos

Prisión para o detido por agredir unha taxista para roubalo en Ourense

Prisión para o detido por agredir unha taxista para roubalo en Ourense

A vítima precisou atención médica 

O arrestado ten antecedentes policiais

G24.gal 30/04/2024 16:57

Un home foi detido en Ourense como presunto autor dun roubo con violencia, tras atracar unha taxista da cidade, á que agrediu para levar o diñeiro. Os feitos ocorreron na tarde do pasado sábado, cando o detido requiriu os servizos do taxi no centro da cidade.

Tras darlle varias indicacións de rúas, á altura de Monte Medulio atacou a condutora, que sufriu lesións na cara, para levar o diñeiro. Varias testemuñas observaron o ocorrido e increpárono, polo que o home acabou fuxindo do lugar.

O sospeitoso, que conta con antecedentes policiais, foi detido pouco despois na zona de Covadonga e o xulgado acordou o seu ingreso en prisión comunicada e sen fianza por un delito de lesións, segundo informaron fontes xudiciais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar