Prisión para o detido en Vilardevós como responsable do incendio que calcinou máis de 500 hectáreas
A maxistrada decretou o seu ingreso en prisión provisional, comunicada e sen fianza

O veciño do municipio ourensán de Vilardevós, de 47 anos, detido como presunto autor dun incendio forestal rexistrado nesa localidade o pasado 1 de agosto, que arrasou 578,7 hectáreas e no que resultaron dúas persoas feridas, ingresará en prisión provisional.
Ante a xuíza do Tribunal de Instancia 1 de Verín, en funcións de garda, acolleuse ao seu dereito a non declarar. A maxistrada decretou o seu ingreso en prisión provisional, comunicada e sen fianza.
A xuíza tomou esa decisión ao considerar que existe risco de reiteración delituosa e risco de fuga, debido á gravidade da pena que se lle podería impoñer e ás súas circunstancias persoais.
Segundo informou o Instituto armado, o home foi detido o seo da operación bautizada como Penas Libres, por un delito de incendio forestal.
O lume, que empezou o pasado 1 de agosto, afectou a sete localidades e obrigou a confinar aos veciños de dúas localidades, sendo finalmente extinguido o pasado día 8 de agosto.