Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detido un home en Vilardevós como presunto autor dun incendio forestal que arrasou 578 hectáreas

Detido un home en Vilardevós como presunto autor dun incendio forestal que arrasou 578 hectáreas

A Garda Civil arrestouno no marco da operación Penas Libres

O lume afectou sete localidades, deixou dous feridos leves e obrigou a confinar dúas vilas

G24.gal 19/08/2025 17:02

A Garda Civil detivo este martes un home de 47 anos como presunto autor dun incendio forestal no municipio ourensán de Vilardevós.

A investigación enmárcase na operación Penas Libres.

O incendio tivo lugar o pasado 1 de agosto e queimou 578,7 hectáreas, afectando sete localidades.

Durante o suceso quedaron feridas dúas persoas de carácter leve e dúas localidades tiveron que ser confinadas por precaución.

O incendio quedou extinguido o 8 de agosto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade