Cargando resultados...
Primero caso en España de salmonela relacionada co consumo de chocolates Kinder
Xa se detectaron 158 casos en Europa, a metade deles no Reino Unido

G24.gal
21/04/2022 14:28
En España detectouse o primeiro caso de salmonela relacionada co consumo dalgúns chocolates da marca Kinder.
As autoridades sanitarias españolas están a investigar outros dous posibles casos, segundo informou o Centro Europeo de Prevención de Enfermidades. De momento, detectáronse 158 casos en Europa, a metade deles no Reino Unido.
O gromo provocou a hospitalización de varios menores que poden chegar a presentar síntomas graves como diarrea con sangue.