Bota a andar a primeira operación saída do verán sen restricións tras dous anos
Tráfico prevé un 40 % máis de desprazamentos en Galicia ca o ano pasado
Os prezos dos carburantes condicionan a primeira operación saída do verán

Comezou este venres a primeira operación saída do verán sen restricións despois de dous anos. Ata a medianoite do domingo, a Dirección Xeral de Tráfico prevé 553.000 desprazamentos en Galicia, case un 40 % máis ca o ano pasado.
En toda a campaña estival, agárdase o tránsito de 10,7 millóns de vehículos pola rede viaria galega, un 24 % máis respecto ao 2021.
Para velar pola seguridade nas estradas, o Goberno disporá na comunidade de 336 cámaras de televisión, 206 radares, un helicóptero e dous drones de vixilancia. O sector de Tráfico da Garda Civil prevé realizar 140.000 probas de alcoholemia e 2.000 de drogas.
Estradas máis concorridas
As estradas nas que se agarda unha maior intensidade de circulación son: AP-9, A-6, A-8, A-52, A-55 e N-550.
Ata finais do verán, haberá catro operacións especiais e campañas específicas de control de velocidade, alcol e drogas.