Publicador de contidos

Publicador de contidos

Preto de 13.000 galegos examínanse desde este martes da PAU

Preto de 13.000 galegos examínanse desde este martes da PAU

A nova proba de acceso á Universidade trae este ano importantes novidades, haberá un único exame nas distintas comunidades e máis probas competenciais

Os aspirantes terán que levar o DNI e o resgardo de pagamento da matrícula para acceder ás probas

Conta atrás e claves para afrontar os exames da PAU

Os exames repártense en probas obrigatorias e voluntarias para subir nota
G24.gal 02/06/2025 09:11

 É a selectividade de toda a vida, nos últimos anos coñecida como ABAU, e a partir deste ano como PAU, proba de acceso á universidade, para unificar a nomenclatura en todo o territorio español. 

Deste xeito, entre as novidades, os estudantes terán, nas mesmas datas, un único exame nas diferentes comunidades, desaparecendo a opcionalidade. Ademais, terán que responder a todas as preguntas, para promover que se estude todo o temario, e non só unha parte. 

Penalizaranse especialmente as faltas de gramática e ortografía. Poderán restar ata un 20 % nas notas de galego e castelán. 

As probas estrutúranse en dúas partes: unha obrigatoria, que son cinco exames de materias comúns, e unha parte voluntaria, con ata catro materias adicionais para subir nota. 

A nota de admisión á universidade será a suma de varias partes: o 60 % é a nota media do bacharelato, o 40 % restante é a nota media das probas obrigatorias. A esa cualificación sobre 10 poden sumar ata 4 puntos máis cos exames realizados na parte específica. 

En Galicia examinaranse, a partir deste martes e ata o xoves á unha da tarde, 12.946 alumnos, 20 menos que o ano pasado. Estarán repartidos en 35 facultades, institutos de secundaria e escolas universitarias.

Documentos obrigatorios para acceder

E ollo que para poder facer as probas é obrigatorio presentar unha serie de documentos, algo que non todos os aspirantes saben: terán que levar o DNI e o resgardo de pagamento da matrícula.

Nela so estarán permitidos bolígrafos ou plumas de cor negra ou azul e materiais específicos para as distintas materias, como poden ser as calculadoras, dicionarios ou os materiais para os exames de artes plásticas.

As cualificacións provisionais coñeceranse o 12 de xuño e as definitivas, tras as revisións, o día 19

Na xornada previa puidemos ver os vehículos que transportan os sacos cos exames. Furgóns blindados para custodiar un contido que non se pode desvelar ata o mesmo momento en que empecen as probas. Só tres persoas en Galicia coñecen os exames.

Levan desde finais de abril custodiados nun búnker na Cidade da Cultura e hoxe repartíronse entre as 36 comisións delegadas onde se van facer as probas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos