Cargando resultados...
Deteñen tres adolescentes na Estrada por unha presunta agresión sexual a unha menor
A Garda Civil detívoos onte e deixounos en liberdade baixo custodia parental, á espera de declarar ante a Fiscalía de menores

G24.gal
22/03/2022 14:36
A Garda Civil confirmou que o pasado día 17 presentouse unha denuncia por parte da nai dunha rapaza menor de idade desta zona da Estrada por presunta agresión sexual.
Onte pola tarde detiveron os tres presuntos responsables dese delito. Quedaron en liberdade baixo custodia dos seus pais e a disposición da Fiscalía de Menores ante a que terán que declarar proximamente. Todos os implicados teñen 16 anos.