Publicador de contidos

Preocupación entre os gandeiros do Larouco polos continuos ataques do lobo

Preocupación entre os gandeiros do Larouco polos continuos ataques do lobo

No que vai de ano, a Asociación Agrogandeira do Macizo Central xa levan 58 denuncias, cando a ano pasado foron 75 en total

Aseguran que os ataques se producen cada vez con máis frecuencia e máis cerca da localidade 

Un veciño asegura que hai unha semana lle mataron catro ovellas e dous cordeiros

G24.gal 19/06/2023 09:22

Conta un veciño dunha localidade de Larouco que o último ataque do lobo foi hai unha semana nos prados situados moi cerca xa das casas. Di que lle mataron catro ovellas, dous cordeiros e que non é a primeira vez que sofre un ataque do lobo.

Desde a Asociación Agrogandeira do Macizo Central aseguran que as perdas no gando polo lobo foron máis nos últimos anos. Nestes seis meses levan contabilizados xa 58 ataques e en todo o ano pasado os gandeiros denunciaron 76. Un problema que, aseguran, os ten moi preocupados.

Francisco atopou hai unha semana catro ovellas e dous cordeiros mortos polo que asegura foi un ataque do lobo. Conta que non é a primeira vez que sofre danos polo lobo, pero si que é a primeira vez que se achegan tanto ás casas da localidade do Larouco.

Os gandeiros son os que máis sofren os danos causados polos lobos nas súas cabanas de gando, pero a súa presenza tamén preocupa á veciñanza. 

Aseguran que nos últimos anos os ataques dos lobos só foron a máis. Francisco di que nos últimos seis meses os lobos matáronlle xa 7 ovellas e 3 cordeiros. 

A Asociación Agrogandeira do Macizo Central, que agrupa máis de 400 gandeiros da zona asegura que o 33 % das explotacións sufriron danos e perdas polo ataque do lobo, e un 40 % denunciaron danos polo xabaril

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade

Publicador de contidos