Publicador de contidos
Publicador de contidos

Vilalba promove o seu roscón como premio no torneo de billarda

Vilalba promove o seu roscón como premio no torneo de billarda

A intención é promover o doce típico da localidade, elaborado con améndoa, ovo e azucre

G24.gal 13/04/2024 20:51 Última actualización 13/04/2024 21:52

Ademais do capón e do queixo de San Simón, en Vilalba contan cun roscón que pretenden colocar á altura que merece. Este sábado, serviu como trofeo para os gañadores do torneo de billarda, un xogo tradicional que tamén precisa de promoción.

As persoas participantes desafiaron a calor para dalo todo no campo de xogo. A estornela estase a converter nun entretemento cada vez máis popular e competitivo, cando hai premios en xogo. Nesta ocasión, o trofeo é unha degustación de roscón.

Habitual en todas as mesas de Vilalba durante as festas, trátase agora de situalo ao carón doutros produtos representativos da localidade. Só precisa ovo, améndoa e azucre, un manxar sinxelo pero moi prezado na vila.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade