Portugal sofre unha seca extrema que traerá problemas de abastecemento
Calcúlase que o 97 % do territorio está en seca extrema
Os encoros máis afectados son os do sur do país
Portugal enteiro está oficialmente en seca extrema. Os nosos veciños viven unha situación nunca vista e enfróntanse a un verán con restricións na subministración.
En realidade non é unha sorpresa porque a situación veu empeorando nos últimos anos e os datos do mes pasado sentenciárono: foi o mes de maio máis quente en cen anos e un dos máis secos que se recordan.
O resultado é que o 97 % do territorio portugués está en seca extrema e a situación en España non axuda porque non conseguen enviar a auga pactada nos acordos dos ríos internacionais compartidos porque non hai abonda.
Como se imaxina, os encoros que máis sofren son os do Algarve, no sur do país, e os do norte resisten a duras penas.