Publicador de contidos

Publicador de contidos

Portugal homenaxea as vítimas do funicular de Lisboa: "Non olvidaremos"

Portugal homenaxea as vítimas do funicular de Lisboa: "Non olvidaremos"

No sinistro perderon a vida 16 persoas e unha vintena sufriron feridas

A investigación continúa aberta, sen que ata o de agora se determinase ningunha responsabilidade

RTP
G24.gal 03/09/2026 14:31

Lisboa homenaxeou este xoves os dezaseis falecidos hai un ano no descarrilamento do funicular da Glória, situado no centro da capita. Foi, nun acto privado organizado polo Concello, que consistiu na presentación dun memorial permanente preto da Praza de Restauradores.

"Non esqueceremos", dixo o alcalde de Lisboa, Carlos Moedas, en declaracións aos xornalistas. "É un día de solidariedade coas familias, coas familias que van ter aquí un espazo digno, único, simple, pero ao mesmo tempo que representa os seus seres queridos, un espazo de reflexión".

O aniversario vén marcado polas críticas dalgúns familiares, que se queixan de falta de comunicación por parte das autoridades. Nunha carta aberta difundida este mércores pediron "comunicación, transparencia, apoio e rendición de contas" e denunciaron que nalgúns casos non foran contactados máis que para este evento no último ano.

Con poucos minutos de diferenza e a poucos metros de distancia, colocouse outra coroa de flores, esta vez de parte do Sindicato dos Traballadores de Transportes por Estrada e Urbanos de Portugal.

"Moito haberá aínda por dicir no que se refire á investigación das causas e a procura de solucións que impidan ou minimicen ao mínimo as circunstancias para que unha nova traxedia poida ocorrer, pero non é hoxe e agora e aquí o momento", expuxo o dirixente nacional de STRUP, Manuel Leal, nun breve discurso.

A Fiscalía de Portugal avanzou este mércores que o auto final da investigación sobre o accidente está previsto que se publique no primeiro trimestre de 2027, á espera de que conclúan os ensaios e as peritaxes técnicas, o que se prevé que ocorra o próximo mes de novembro.

De acordo cun informe preliminar publicado en outubro, o sinistro do funicular de Glória produciuse pola rotura dun cable que non cumpría coa normativa para o transporte de persoas nin cos requisitos da propia empresa de transporte urbano, Companhia Carris de Ferro de Lisboa (CCFL).

Tras o accidente, o Ascensor de Gloria foi pechado, xunto con outros elevadores deste tipo na cidade que están a ser avaliados para comprobar a seguridade dos seus sistemas de funcionamento.

Nese sentido, as autoridades confirmaron esta semana que o Ascensor de Glória reabrirá en 2029 cun novo sistema, que garantirá a súa seguridade. 

Un ano da traxedia que sacudiu Lisboa

Minutos despois das seis da tarde do 3 de setembro do 2025, a fatalidade sacudiu Lisboa. Un dos seus famosos funiculares descarrilaba. "Baixaba o outeiro e algo sucedeu co cable e perdeu o control". As testemuñas presentes contaban como viron o vehículo descender a toda velocidade.

No accidente perderon a vida 16 persoas e unha 24 quedaron feridas, moitas deles de gravidade. Todos ocupantes do funicular. "Había xente na esquina que tivo moita sorte de non seren atropelados" conta unha testemuña.

O funcionamento dos funiculares lisboetas, unha das atraccións turísticas da cidade, permaneceu suspendido durante meses por seguridade, ata o pasado mes de abril, que se retomou o servizo. Un informe preliminar apunta a que un dos cables que tiran do ascensor non cumpría a normativa para o transporte de persoas e que algúns dos informes de mantemento da instalación foron falseados. Pero de momento nada concluínte.

A investigación segue aberta e as indemnizacións ás vítimas seguen conxeladas. Entre os falecidos hai cidadáns portugueses, pero tamén estranxeiros de varias nacionalidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade