Publicador de contidos

Publicador de contidos

Porcos ceibos poñen en risco a seguriade viaira en Lugo

Porcos ceibos poñen en risco a seguriade viaira en Lugo

Unha manda de ranchiños convive hai días cos veciños de Lugo, no sur da cidade

Non se sabe a súa orixe, pero asombran a peóns e condutores e moitos paran para filmalos e fotografalos.

O Concello pide axuda a Xunta de Galicia para capturalos mentres a Policia Local tenta bortarles o lazo polo risco que supoñen para a seguridade viaria. 

Tres porquiños campan as súas anchas na contorna da Nacional Sexta
G24.gal 02/12/2025 14:25

Son a sensación de peóns e condutores, que non se resisten a capturar a imaxe para subila ás redes sociais.

Tres ranchiños sen a súa nai xogan e fozan buscando alimento nas rotondas e zonas verdes do sur da capital lucense.

Os veciños levan días véndoos e convivindo con eles no parque do Miño, na zona da Tolda a carón da estrada Nacional Sexta e na avenida de Madrid.

"Todos estes días están por aquí, na Tolda e na beira do río Miño. Parecen porcos celtas, son pequenos. Escaparían dalgún sitio".

"Semella que veñen de ter contacto con humanos" comenta unha moza que pasea o seu can polo cinto verde e que os atopou xa hai "dúas semanas e convivían un pouco con todo o mundo. Podíaste achegar a eles e non fuxían, incluso con meu can, moi ben".

Na zona adoitan observan mandas de xabarís máis numerosas pero é a primeira vez que ven tres porquinos sós, sen a súa nai "buscando alimento. A convivencia é pacífica porque os animais aquí están afeitos o contacto coas persoas".

A xente dubida se son bravos ou domésticos "un chico dixo que son unha mistura de porco con xabaril, pero pra min son xabarís" pola súa fisonomía.

Axentes da Policía Local de Lugo tentaban bortarlles o lazo polo risco que supoñen para a seguridade viaria.

"Móvense dun lugar para outro" cruzando rotontas e calzadas " e hai risco "para os animais e para os coches porque poden provocar accidentes".

Mentres se especula sobre a súa misteriosa orixe os tres ranchiños campan ás súas anchas pola periferia urbana de Lugo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade