Pontevedra e Celta B xogan o domingo na G2
O equipo pontevedrés enfrontarase ao debutante Talavera (domingo, 19:00 horas), repescado esta semana pola Rfef
Duro exame para o Celta B (domingo, 17:00 horas) diante do líder Córdoba
A Federación española de Fútbol facía oficial esta semana a inscrición do Talavera no grupo I da Primeira Federación, en substitución do DUX. O Pontevedra será o encargado de tomarlle o pulso na competición esta terceira xornada. Ante el buscará a súa primeira vitoria. Será en Pasarón, este domingo ás sete da tarde. Poderán velo na G2.
E mentres o Talavera agarda polas datas para xogar os dous partidos aprazados, a liga de 20 continúa o seu curso. O Racing viaxa a Cádiz para medirse co San Fernando tamén o domingo. Os de Cristóbal non perden fóra da casa dende o 26 de xaneiro. De feito figuran entre os chamados a ser importantes esta temporada.
Na G2 tamén poderán seguir o encontro entre o Celta B e o primeiro clasificado do grupo, o Córdoba. Os de Claudio Giráldez volven a Barreiro na procura da primeira vitoria da temporada tras empatar co Alcorcón a pasada xornada.