Publicador de contidos

Publicador de contidos

Polémica polo cobro dun suplemento por sentar na mesa uns bebés que non consumiron

Polémica polo cobro dun suplemento por sentar na mesa uns bebés que non consumiron

Os clientes deben ser informados do cobro de calquera concepto extra

Hai restaurantes que tamén cobran polo espazo que ocupa un carro de bebé

Facturas de restaurantes con sorpresa
G24.gal 02/06/2026 14:22

Resulta cando menos curioso que nun restaurante cobren un suplemento por levar pequenos que non consumen ou mesmo polo espazo que ocupa un carriño de bebé. Non é habitual, pero sucede. E basta que alguén comparta a súa experiencia para provocar un incendio de indignación, sobre todo nas redes sociais.

"Excesivo e denunciable". "A min pareceríame un abuso". "Iría unha vez, non volvería porque eu creo, imos ver, hai que ter un pouco de civismo, todos somos persoas, todos tivemos nenos, todos fomos nenos". "Moitas veces poñen pan sen preguntarche sequera, e logo pásanche a conta co extra de pan". "É como cobrar por un xeo, tampouco o vexo normal", comentan varias persoas.

O pan, o xeo, o uso de cuberto ou mesmo a lavandería. Son conceptos que empezan a ser habituais. Outros sorprenden máis.

"Dous euros e medio pola taxa turística ou algo así que me estrañou, é raro. Que o cobren nun hotel, pero nun restaurante fíxoseme un pouco raro", apunta un home.

Os cobros abusivos en hostalaría son motivo de moitas denuncias, sobre todo se non se fan con transparencia.

"Teñen que informar, e ti xa decides se sentas ou non nese sitio". "Ao final tes que advertilo, tes que velo, non podes cobralo a posteriori", engaden. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar