Publicador de contidos

Publicador de contidos

Planas pide medidas extraordinarias para mitigar a suba do combustible na pesca

Planas pide medidas extraordinarias para mitigar a suba do combustible na pesca

Planas precisou que no ámbito da pesca o custo do gasóleo representa habitualmente "unha pinza entre un 23 e un 25 %", pero que neste momento sitúase "ao 50 %"

A frota pesqueira española, ante a subida do combustible, permanecerá amarrada ata o vindeiro mércores, 23 de marzo

Folga na frota galega para reclamar medidas contra a suba do combustible

G24.gal 21/03/2022 12:02

O ministro español de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luís Planas, dixo este luns que espera unha resposta "extraordinaria" da Comisión Europea ante a subida dos prezos do gasóleo, que está a provocar que a frota española non salga a faenar.

Planas pronunciouse nese sentido ao chegar a unha reunión de ministros da Unión Europea do ramo que se celebra hoxe en Bruxelas e na que España, apoiada por doce países, pedirá á CE medidas comunitarias ante as consecuencias da alza dos importes do combustible para o sector pesqueiro.

"Vou escoitar a Comisión Europea e espero que a Comisión Europea, nunha situación extraordinaria como esta, sexa capaz de dar unha resposta extraordinaria", dixo. España exporá este luns a activación do artigo 26 do regulamento do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura "para poder compensar a industria pesqueira e tamén a industria da acuicultura en relación cos custos suplementarios derivados do incremento do prezo dos carburantes".

Planas precisou que no ámbito da pesca o custo do gasóleo representa habitualmente "unha pinza entre un 23 e un 25 %", pero que se sitúa neste momento "ao 50 %", polo que "evidentemente necesita un apoio para poder pescar e ter condicións de rendibilidade que sexan suficientes".

O ministro asegurou que a discusión de hoxe entre os titulares dos Vinte e sete é "fundamental" e tamén a que leva a cabo no Goberno para decidir como se articulan "de forma máis efectiva" as axudas aos sectores "máis afectados", entre os que mencionou os transportes, o agrario e o pesqueiro.

A frota pesqueira española, ante a subida do combustible, permanecerá amarrada ata o vindeiro mércores, 23 de marzo, cando a Federación Nacional de Confrarías de Pescadores manterá unha reunión co ministro Planas. O

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade