Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta destinará 350.000 euros para que os estudantes de FP poidan facer prácticas en barcos

A Xunta destinará 350.000 euros para que os estudantes de FP poidan facer prácticas en barcos

O Goberno galego pon en marcha unha liña de axudas para impulsar a remuda xeracional na pesca

Garantir a remuda xeracional é un dos principais retos aos que se enfronta o sector do mar

G24.gal 11/08/2025 14:42

O Eirado do Costal descarga o peixe en Cangas acabado de chegar da marea. A falta de man de obra é un dos principais retos aos que se enfronta hoxe en día o sector.

O xerente de Arvi, Edelmiro Ulloa, explica que "de pouco nos serve que estean as escolas náuticas e marítimo-pesqueiras cheas de alumnos se logo non temos ese seguimento de parte deles no sector".

Para garantir ese traspaso das escolas aos buques a Xunta vai sufragar os gastos das empresas que leven nos seus barcos estudantes en prácticas. Alfonso Rueda asegura que "isto vai permitir unha práctica real de aprendizaxe e vai favorecer a incorporación de xente nova nestas actividades". Ademais, explica o presidente da Xunta, "melloramos a súa experiencia dándolles días de mar e sobre todo descubrindo futuras vocacións".

O Goberno galego vai destinar 350.000 euros a esta iniciativa coa que se busca manter a tradición mariñeira en Galicia. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade