Na provincia de Pontevedra están os combustibles máis baratos e máis caros do país
Sanxenxo é o concello máis caro e en Monteporreiro en Pontevedra está a estación máis barata
Na provincia de Pontevedra están a estación de servizo máis cara e a máis barata de Galicia. As máis caras están en Sanxenxo. Se analizamos a gasolina de 95 están empatadas tres gasolineiras: a Repsol e dúas de BP. Nelas pagamos o litro a 1,649 euros. Nótano máis os de comunidades onde o combustible é máis barato que aquí.
No concello de Pontevedra está a Ballenoil de Monteporreiro aquí pagamos o litro do mesmo combustible a 1,264. Hai quen di que botando combustible aquí aforra 20 euros en depósito.
Unha cifra considerable para calquera peto. Iso si, cada consumidor ten que subministrar o seu propio combustible. A estación ten clientela de toda a bisbarra de Pontevedra.