Publicador de contidos

Publicador de contidos

Piden seguridade para os peóns na rotonda ourensá de Mariñamansa

Piden seguridade para os peóns na rotonda ourensá de Mariñamansa

O home atropelado onte por un camión que traballaba na zona segue moi grave na unidade de reanimación 

Os veciños quéixanse de que hai moito tráfico e pouca sinalización

G24.gal 30/03/2023 13:22

O tránsito de peóns polo treito onde tivo lugar o atropelo é constante. O de camións, máis esporádico, pero tamén habitual. Entran e saen cargados de áridos.

"A miña experiencia é que viña por aquí camiñando e viña un dos camións que entran aí. Eu ía pasar, pero meteuse o camión. Menos mal que quedei ao lado, que se me colle o camión...". "E un señor que, non sei se foi un coche ou unha moto, deulle nunha perna, tirou con el e tivo que levalo unha ambulancia. No mesmo sitio, eh!", contan dous veciños da zona.

A Policía Local investiga as causas concretas do último e grave atropelo. Está por determinar por onde circulaba exactamente o peón. Nese punto, a beirarrúa interrómpese polo acceso aos terreos onde traballan os camións. 

"Eu creo que deberían poñer un paso de peóns". "Sinalizar dalgunha maneira os camións que veñen de arriba. Iso estaría ben", comentan dous veciños.

A actividade dos camións non é nova na zona. Levan anos traballando alí e os veciños din que xa están afeitos.

"Por aquí, se tes coidado e cruzas ben, non hai problema. Pero, como cruzamos por onde nos dea a gana...", asegura un veciño.

En toda a rotonda, o único paso de peóns é este, na saída cara a Expourense e o Pazo de Deportes, pero os veciños quéixanse de que lles esixe dar moito rodeo.

Moi grave

A vítima do último atropelo é un home de 80 anos. Está ingresado en estado moi grave na unidade de reanimación do Hospital de Ourense.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade