Piden que se restaure unha fonte de Palacios encargada polos irmáns Peinador
A fonte foi o primeiro punto en que se descubriu que a auga era mineiro medicinal
Este luns visitamos a ruína dunha fonte da que beberon Rockefeller e Pardo Bazán pero que hoxe está pechada.
É a fonte de Troncoso en Mondariz Balneario. Os veciños desta turística vila termañ queren que se recupere o lugar que deu orixe á unha vila termal que foi famosa en todo o mundo.
A Fonte de Troncoso permanece valada e pechada pero as nosas cámaras puideron entrar. Este foi o primeiro lugar onde un estudoso víu as burbullas da auga, contra 1860. Non foi ata 1910 que os irmáns Peinador lle encargaron ao arquitecto Antonio Palacios a contrución desta fonte rexia e dunha pequena planta de embotellado de onde saíu auga para todo o mundo.
A Plataforma SOS Troncoso quere recuperar esta fonte senlleira que deu de beber a Rockefeller, a Pardo Bazán ou a Serrano Súñer.
150 anos despois de nacer Antonio Palacios semella o momento idóeno para devolver o esplendeor a esta fonte que tantas persoas sandou