Publicador de contidos

Publicador de contidos

Pibe decide e o Arenteiro acariña o ascenso á Primeira Federación

Pibe decide e o Arenteiro acariña o ascenso á Primeira Federación

O gol do extremo no minuto 78 cortou a serie de 528 minutos do Laredo sen encaixar un gol

G24.gal 12/03/2023 14:08

O Arenteiro está cada vez máis preto da Primeira Federación. Gañou diante do Laredo por 1-0 e aproveitouse do tropezo do Compostela para poñerse con doce puntos de vantaxe a falta de 27 por xogarse. 

O Laredo viña de estar cinco partidos sen encaixar ningún gol e aguantou a serie ata os 528 minutos. Os do Carballiño mereceran moito antes rematar coa imbatibilidade, pero foi no 78 do partido cando Pibe aproveitaba un erro grave de Carral para marcar o único gol.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar