Cargando resultados...
Pezas únicas froito do traballo artesán en Ourense
A Feira de Artesanía conta con trece expositores nos que podemos atopar dende xoias a cosmética natural, coiro ou téxtil
G24.gal
03/05/2025 21:11
Última actualización 03/05/2025 21:52
Coincidindo coa campaña do Día da Nai, os artesáns sacan as súas creacións á rúa en Ourense. Desta volta fano no parque de San Lázaro.
É a edición número 28 da Feira de Artesanía, unha cita co traballo feito a man na que participan dez obradoiros galegos e outros tres de fóra da nosa comunidade.
Ademais de mercar pezas únicas, este evento tamén permite asistir a exhibicións de diferentes oficios. A feira pecha as súas portas o domingo 4 maio ás nove da noite tras nove días de vendas e actividades.