Publicador de contidos

Publicador de contidos

Inician as pescudas sobre causa e o cumprimento de requisitos nas naves incendiadas en Ponte Sampaio

Inician as pescudas sobre causa e o cumprimento de requisitos nas naves incendiadas en Ponte Sampaio

Un curtocircuíto ou un exceso de humidade apúntanse como posibles orixes do lume

Imaxe captadas tras o incendio do día 6 nas naves de almacenamento de cereal situadas en Ponte Sampaio
G24.gal 14/11/2022 13:19

As informacións sobre as pescudas para determinar que causou o incendio que o día 6 afectou naves de Ponte Sampaio apuntan a un posible curtocircuíto ou que puido deberse a un exceso de humidade.

Estas instalacións albergaban máis de 40.000 toneladas de cereais que en determinadas circunstancias ambientais e de almacenaxe poden fermentar e desencadear unha combustión espontaneamente.

Iso require que estean equipadas cuns sistemas de seguridade e de prevención e extinción de incendios adecuados ao risco existente. A isto diríxese tamén a investigación dun sinistro que deixa unha vítima mortal, Benito González Dopazo, de 59 anos de idade.

O Grupo Nogar, que ten alugadas as naves desde hai catro anos, sostén de entrada que a seguridade e saúde laboral é prioritaria para eles. Isto choca coa realidade que debuxa o Concello de Pontevedra ao sinalar de absolutamente lamentables as condicións de seguridade e antiincendio existentes alí.

A mesma Administración local desvelou que tampouco posuía nin solicitara a licenza municipal necesaria para desempeñar a actividade.

As pescudas en curso recolleranse no informe con destino ao xulgado de instrución número un de Pontevedra que leva as dilixencias do caso.

E os bombeiros tiveron que volver o sábado ás instalacións da antiga fábrica de porcelana, case unha semana despois do incendio, para atacar focos de lume que rexurdiran e arrefriar outros puntos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade