Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un falecido no incendio dunha residencia de maiores na provincia de Cidade Real

Un falecido no incendio dunha residencia de maiores na provincia de Cidade Real

O centro situado en Carrión de Calatrava, con 96 residentes, tivo que ser desaloxado

Dúas traballadoras e un dos residentes foron hospitalizados por inhalación de fume

Os bombeiros ante a residencia de Carrión de Calatrava que sufriu un incendio cunha vítima mortal
G24.gal 25/10/2025 15:02 Última actualización 25/10/2025 18:23

Un residente do centro de maiores de Carrión de Calatrava, en Cidade Real morreu este sábado tras o incendio que se orixinou esta madrugada nas instalacións e que xa foi extinguido polos bombeiros.

Ademais, dúas traballadoras da residencia, de 54 e 56 anos, tiveron que ser trasladadas ao hospital de Cidade Real por inhalación de fume, xunto a un residente, que acudiu ao centro sanitario trasladado pola súa familia.

O servizo de emerxencias 112 de Castela-A Mancha informou de que o incendio na residencia de maiores situada na rúa Dulcinea de Carrión de Calatrava puido ter a orixe nun fallo nun conduto eléctrico, aínda que se investigan as causas.

Como consecuencia do incendio, a residencia de maiores foi totalmente desaloxada e, dos 96 residentes, 91 foron aloxados no polideportivo municipal de Carrión de Calatrava e dos outros cinco, fixéronse cargo familiares.

Tamén vinte residentes foron atendidos in situ polos medios sanitarios desprazados ao lugar do suceso debido á inhalación de fume, pero non precisaron traslado ao centro hospitalario.

Acudiron ao lugar do incendio os bombeiros de Cidade Real e Daimiel, que deron por extinguido o lume sobre as 10:00 horas, sete ambulancias, unha UVI e efectivos de Cruz Vermella, que tamén se encargaron de instalar o dispositivo no polideportivo municipal para reacoller os residentes

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade